luns, 30 de abril de 2018

ATRAPACONTOS DE ABRIL

EN ABRIL LECTURAS MIL.




AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

A nai de Diego de 3º veu contarnos o conto "A casa do rato Renato". Ademais nos agasallaron cunhas chulas de cabaza (non quedaron nin as migas)mmmmm!!





Tamén veu contar á clase de 1º o galo avisado e o raposo trampulleiro. O galo, Anxo Sotelo, fixo ademais de axudante. Encantounos!



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Os pais de LLuna de 1º viñeron contarnos varios contos con música e ata nos fixeron un truco de maxia. Que sorte!








AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

A nai de Noa de 3º veu contarnos "O principiño" . Tróuxonos ademais uns marcadores de libros e unha manualidade para que cada quen imaxinara o seu cordeiro n a caixa do principiño. Encantounos!







mércores, 25 de abril de 2018

XORNADAS DE INTERCULTURALIDADE

ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZADA POLO CONCELLO DE CANGAS. MANU, VEU CONTARNOS COUSAS DO SENEGAL E DO CONTO "IRENE NO SENEGAL" APRENDEMOS MOITO, O BAILE DO SABAR, AS COMIDAS, AS TRADICIÓNS...



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

 "ELMER E O ARCO DA VELLA" CON TRADUCIÓN AO INGLÉS. ENCANTOUNOS!


AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

NURIA, A NAI DE ANDRÉ VEU CONTAR AOS DE 3º "O QUE MÁIS DOE DO MUNDO" E AGASALLOUNOS UNHAS GALLETIÑAS EN FORMA DE CORAZÓN PARTIDO...MMMMMM!