luns, 26 de marzo de 2018

Mulleres Con Ciencia

 O día da muller no cole é unha data moi especial. O alumnado de 5º e 6º elaborou as biografías de 8 mulleres con ciencia, que destacaron no ámbito científico ou no coidado da natureza. Este traballo foi coordinado polas titoras de 5º e 6º e planificado desde o inicio de curso. Nesta semana do 8 de marzo comezou o concurso sobre as biografías, para que o alumnado lea e descubra o papel relevante que moitas delas tiveron na historia a pesares de non aparecer nos libros de texto. Durante 6 días formuláronse unha pregunta diaria relacionada con algunha das biografías expostas.






Os participantes entraron nun sorteo e os gañadores levaron un pequeno agasallo.



Tamén fixemos unha mesa redonda, este ano contamos conSilvia Lorenzo, bióloga que estivo investigando sobre as vacinas entre outros moitos proxectos, Candi Barreiro, química e técnica de laboratorio, Isabel Pastoriza, química e especialista en nanotecnoloxía e profesora na Universidade de VIgo. Tamén contamos con Celia Gutiérrez, ex alumna e licenciada en biotecnoloxía, que está traballando en Madrid e poidemos contactar con ela vía skipe.
A xornada desenvolveuse en 2 sesións, unha máis breve para os pequenos e outra para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.  O debate moderouno a nosa compañeira Isabel Carracedo, facéndolles preguntas sobre como se desenvolve o traballo de cada unha e reflexionando sobre o papel da muller na ciencia. 






Outras das actividades que fixemos foi a de publicitar cunha exposición os libros sobre a igualdade de xénero que temos na biblioteca. Tamén lles puxemos un pictograma para localizalos mellor.