martes, 19 de decembro de 2017

concerto punk infantil

XA ESTÁ AQUÍ O DISCO CONCERTO PUNK INFANTIL DE BRAIS DAS HORTAS E PETER PUNK. 

O alumnado de 1º curso participou na súa gravación e os cantantes nos obsequiaron cun libro- disco para a biblioteca e por suposto un agasallo para cada neno e nena participante. 
As cancións son moi divertidas e marchosas. Estes músicos, políticamente incorrectos, actuaron no cole e fixéronnos bailar e cantar a todos, cos seus grandes hits "vou facer pis", "mixilón"ou "chungo que te cagas"....con perdón.





xoves, 14 de decembro de 2017

GUÍAS DE LECTURA 2017

COMPARTE AMOR POLO NOSO
Un ano máis, froito do enriquecedor traballo en equipo, 
na coordinadora dos Equipos de Dinamización 
Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con 
recomendacións en galego. 
A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos 
motores que caracterizan o noso traballo común.
O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a 
comunidade educativa, suxerencias de lecturas e música 
para todas as idades. As guías están cheas de novidades e 
reedicións en lingua galega, ademais non nos 
quixemos esquecer de poñer algo de María Victoria Moreno, 
a autora homenaxeada nas letras galegas 
2018. 

Mandamos unha gran aperta a Luz Beloso que nos agasallou 
coa fermosa ilustración das guías: 
MOITAS GRAZAS! .



Aquí vos deixamos as guías para que este Nadal as casas 
se enchan de cultura en galego! 

GUÍAS DE LECTURA 2017

RECOMENDACIÓNS INFANTIL

martes, 14 de novembro de 2017

Queremos ciencia en galego!!

Para celebrar este mes da ciencia en galego expuxemos algúns dos libros que temos na biblioteca sobre ciencia en galego. Tamén recordamos a viaxe do Beagle e das teorías de Darwin que nos propuxo a páxina www.cienciaengalego.org. E como non,  acordámonos das investigadoras galegas das que  falaremos máis polo miúdo no mes de marzo cando celebremos o día da muller.
Tamén aproveitamos para enviar polas clases os enigmas que a nosa investigadora Agata nos propón.







Quincena dos xogos populares



Deu comezo a quincena dos xogos populares. O alumnado de 5º e 6º  explica os xogos aos máis pequenos. Hai 11 xogos distribuídos por todo o patio. Que ben o pasamos, incluso sin fútbol!!








O xogo de Agata

Imos recordar o xogo que Luilli o de Nerga,  fixo o ano pasado. Para xogar copia a dirección e ponna no buscador. É moi divertido.

https://scratch.mit.edu/projects/154305116/

Expurgo



Algúns libros da biblioteca van xa moi velliños para estar na biblioteca. Outros teñen información que xa non está actualizada, como poden ser os de xeografía. Antes de envialos a reciclar decidimos darlle unha segunda oportunidade. Os nenos e nenas que queiran algún dos libros que pasen pola exposición e escollan un que lles interese.  Seguro que os libros estarán moi contentos de ter unha segunda vida. Os que nos queden do expurgo irán a reciclar no bidón azul e con eles seguro que volverán a facer marabillosos libros que volverán á biblioteca, de esta forma contribuiremos a que non se corten tantas árbores para facer o papel.

venres, 10 de novembro de 2017



O meu aniversario: Oh! O meu espertador acaba de soar. Hoxe fago oito anos, estou de aniversario e téñenme prometido ir ao parque de atraccións! Que ledicia. Mágoa que meu irmán ten que ir ao médico; eu quero que se poña ben para xogarmos xuntos. Érgome e vístome axiña, quero marchar xa. Preparo o meu almorzo nun clic co micro, vístome, e xa me poño preto da porta co meu anorak ultra-lixeiro. Xa estamos todos, corremos a coller o tren, vai súper rápido e case non fai ruído, canto me gusta; non digo nada para que non poidan pensar que isto xa é o meu agasallo. Imos primeiro ao hospital. A médica déixanos ver unha fotografía moi rara do meu irmán por dentro. Aínda que eu non vexo nada do que ela está a dicir, meus pais están moi contentos: vaise recuperar moi pronto!! Estou que rebento de alegría. Corremos de novo para chegar ás atraccións e subimos á nova deste ano, un foguete que dá talmente a sensación de ir nunha nave espacial. Meu irmán e mais eu temos a risa parva: que medo e canto nos está a gustar. O mundo da ciencia: E agora preguntarasme, non ías falar de ciencia? Claro que si, ou como pensas ti que se acadaron na historia todas esas pequenas cousas que tanto che gustan? A precisión dos reloxos, o funcionamento dos microondas, a obtención de novos tecidos, os sistemas de transporte cómodos, seguros e rápidos, os trebellos que viches no hospital que mesmo parecía que estabas xa nunha nave espacial, ou o foguete da atracción son só un pequeno reflexo do que os científicos e científicas ao longo de moitas xeracións fixeron por todos nós. Realmente se te fixas son o resultado de cuestións moi simples como: E se puidese voar? E ver o meu interior sen facerme unha ferida? Cada unha delas responden a un soño, a unha ilusión, ou a unha necesidade. Parecen sinxelas pero piden respostas moi complexas: requiren facer encaixar coma nun crebacabezas unha miríade de pequenas ideas, experimentos, demostracións e validacións que levan a avances e a fracasos _ que tamén os hai _, e que son tan importantes coma os éxitos. Cada peza deste crebacabezas é, en si mesma, un gran desafío no camiño que precisa da achega de investigadores de moitas áreas: física, matemáticas, química, enxeñaría, bioloxía, medicina... e resulta ser unha suma de anacos de coñecemento desenvolvidos ao longo de séculos e, o que é máis difícil, cada peza debe servir para encaixar con outras, e pegalas ben é toda unha arte. Así que xa sabes: construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar o aplicable ao noso soño, e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo que require paixón ante os desafíos e moito traballo. Non esquezas que todo este coñecemento científico pódelo atopar nos libros ben ordenados destas bibliotecas, sempre boas compañeiras. Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a nosa obriga.

 Dep. Legal: C 1813-2017 Peregrina Quintela Estévez Matemática. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016 

mércores, 1 de novembro de 2017

...e seguimos co sama. ..gosto

Despois de pasar tantas emocións fortes é hora de xogar cos xogos populares, quentarse á beira do lume, comer castañas e poñernos como chamizos.










UNHA BIBLIOTECA DE MEDO

Na cole de Hío celebramos o Samaín. Cando chegamos ao cole todo estaba a escuras iluminado só polas cabazas decoradas por nós coa axuda da nosa familia. Despois por turnos fomos pasando pola biblioteca para que nos leran un conto de medo. Na biblioteca hai un montooon, este ano ademais os podemos localizar facilmente porque teñen unha pantasma no lombo.  Ao remate do conto pasamos polo tunel do terror que coa música terrorífica e unhas mans que nos aparecían no medio da escuridade, fixéronnos berrar e pasalo de meeedo. Rematamos contando historias a luza das velas, nas nosas clases e por último invocamos a Arturo...aínda que nos sabemos a historia de memoria nos encanta volver a escoitala.