sábado, 30 de abril de 2016

CANTO MIDE UNHA BALEA?

O alumnado de infantil foi de visita ao museo Massó de Bueu. Despois de aprender moitos datos sobre as baleas quixeron saber canto ocuparía unha balea nun espazo real. Primeiro intentáronnno no patio cuberto pero NON CHEGABA!. Así que empregaron o pavillón. Primeiro mediron os metros e pegáronlle un número e despois indicaron ata onde chega unha balea vasca que mide 15 metros, e unha balea azul que pode medir 33 metros. Se lle gustaran os nenos paparía enteiriña á clase de 5 anos!!




domingo, 24 de abril de 2016

ATRAPACONTOS

O día do libro tamén tivemos atrapacontos. Os nenos e nenas de 3º 4º 5º e 6º contáronlle os contos escollidos aos pequenos. Como choveron unhas gotas non poidemos facelo fóra. A ver para o mes que ven.





DÍA DO LIBRO

O venres 22 de abril, celebramos o día do libro no colexio do Hío.
A biblioteca estaba engalanada para a ocasión con todas as novidades e adquisicións  do curso escolar. Ao rematar Agata e Paco nos regalaron un marcapáxinas e unha lambonada.
VIVAN OS LIBROS!!




sábado, 16 de abril de 2016

OS OFICIOS E A MATEMÁTICA
Estamos intentando organizar unhas xornadas para dar a coñecer oficios que usen a matemática como ferramenta habitual; costureir@s, peixeir@s, aparellador@s, cociñeir@s, panadeir@s …ou daquelas que usen medidas que non son as do sistema métrico decimal; ferrados, varas como poden ser xente que se adique ao campo ou a elaborar viño.
A actividade consistiría en dar unha pequena explicación do oficio e como se empregan as matemáticas. Sería interesante que se acompañe a explicación con algunha das ferramentas que se usan habitualmente nese oficio; cinta métrica, báscula, metro …
A actividade está organizada por biblioteca e dinamización lingüística polo tanto terá que ser en galego. A hora prevista será de 12:05 a 12:25 aproximadamente(Tamén pode ser outra hora que vos vaia mellor contactar con Geni ou Nevenka)
Se tendes nas familias alguén que desempeñe un destes oficios e queira participar que cubra a ficha seguinte:
-----------------------------------------------------------
FICHA DE INSCRIPCIÓN
NOME……………………………………………..
OFICIO………………………………………….
DATA…………………………………………….
Escoller o día da charla (entre o 18 de abril e o 12 de maio)
2ª FEIRA DO LIBRO
Para celebrar a semana do libro, a biblioteca organiza a 2ª feira do troco do libro.
Dende o 13 de abril ata o 22 de abril podedes traer un libro da vosa casa para cambialo por outro da exposición. Lembrade que o cambio é permanente. O libro debe estar en bo estado. O día para o cambio será o luns 25 de abril.
Para os adultos tamén haberá un espazo coas mesmas condicións, 1 libro por persoa e en bo estado. Para os adultos o cambio será o luns 25 pola tarde. Grazas!
BASES PRIMAVERA LITERARIA
 1.Podes concursar cantas veces queiras e nas categorías que desexes.

 2.O prazo de presentación é ata o 6 de maio.

 3.Para seguir coas matemáticas propoñemos unas cantas ideas. Pon en marcha o escritor ou escritora que hai en ti e PARTICIPA. Estamos desexando ler o teu texto. Haberá sorpresas para todos os participantes. Os gañadores e gañadoras serán publicados no xornal do cole.

4.Tamén poderán participar os familiares na categoría que desexen, indicando o nome e o parentesco.

CATEGORÍA NARRATIVA
  • Segue esta historia:
    “ Contou 7 pasos hacia adiante, 3 cara a esquerda , 15 adiante e 4 cara á dereita, tal como viña no mapa. Comezou e excavar, unha, dúas , tres ... os golpes secos da pá en contacto coa terra resoaban por todo o val. Todo parecía en calma cando de súpeto ...”
  • Inventa unha historia con este título “ Un país matemático”
  • Temática libre

CATEGORÍA POESÍA
-Inventa unha poesía para unha táboa de multiplicar
-Inventa unha poesía acumulativa do estilo 11 damas atrevidas
-Temática libre.

CATEGORÍA TEATRO
-Inventa unha obra de teatro onde as personaxes sexan números, regletas, figuras xeométricas
-Inventa unha obra de teatro con temática libre.

CATEGORÍA COMIC
-Inventa un comic que colla nunha carilla de A4 con :
-Personaxes matemáticos.
-Agata e Paco de protagonistas.
-Temática libre